A innovación na construcción naval en madeira en galicia e portugal

3. INNOVACIÓN 3.1. O que xa foi dito.

Os problemas da construcción naval en madera dos países que fueron visitados e outros industrialmente avanzados, teñen moitos pontos de contacto con a construcción en Galicia e Portugal. Sobre todo se introduzirmos o noso retardo, que é entre 5 e 20 anos. 
Vexamos alguns exemplos do que xa foi dito sobre estas matérias: Do “Estudio Sectorial de la Carpintería de Ribera de Galicia “ 

Sobre a tecnoloxía e preparación do persoal: 

Debe ser atinxido maior nivel no uso de técnicas de construcción non tradicionais e no uso de materiais alternativos con o fin de poder diversificar e de poder ofrecer embarcacións «mixtas» canto ao casco e ás superestructuras (madeira-aceiro, madeira -aluminio, madeira-PRFV; algúns  dos estaleiros comezaran xa a seguir este camiño. 

Implantar un sistema eficaz de controlo de calidade que inclúa os materiais (en particular a madeira, desde a súa orixe) e o conxunto do barco, chegando inclusivamente a crear unha denominación de orixe e de calidade, que supoña un nivel claro de garantías ao cliente, moito na liña da campaña «Galicia – calidade». 

Debe prestarse unha especial e urxente atención á formación de novos carpinteiros; esta formación debe ter unha base teórica (escolas de formación) e un complemento práctico de traballo en estaleiro. Para tal é imprescindible o apoio da Administración. 

Sobre o asociativismo e marketing: 

Mudar totalmente a habitual mentalidade localista por un punto de vista mais aberto tecnolóxica e comercialmente. 

Fomentar o asociativismo profesional para mellor defensa dos seus intereses comerciais, administrativos, técnicos, etc.. 

Poñer en funcionamento sistemas particulares e xerais de imaxe e de marketing tanto a nivel do público en xeral como o de particulares. Estas campañas deben incluír o resto de España e o estranxeiro (de forma moi selectiva). 

De unha forma xeral: 

O mundo das novas tecnoloxías ofrece moitas e boas oportunidades para a carpintería naval; resulta imprescindíbel que en Galicia se comecen a estudiar e a implantar, como vía de melloramento das construccións tradicionais, como camiño para ofrecer novos productos de moi alta calidade técnica (con prezos moi razoábeis) e como vía de entrada en novos mercados e novos tipos de barcos. 

En canto ás novas construccións, a competencia é, e continuará sendo, moi dura e esixirá melloras de calidade, xestión, comercialización e marketing e, sen dúbida, a introducción de novas tecnoloxías e a compatibilidade da construcción só en madeira con a construcción mixta e tamén con outros materiais. 

b) Resumen da editorial do norteamericano Professional Boatbuilder Magazine de Ag./Set. 2003 – Madeira en tempos de compostos: 

Nos estaleiros que continúan a traballar en madeira, mesmo con éxito, vaise xeneralizando a práctica de traballar tamén noutros materiais, PRFV, alleacións de aluminio e mesmo aceiro. 

A viabilidade dos estaleiros de madeira continúa sendo reafirmada, na práctica, polo número dos que están en operación, e nin todos son pequenos talleres. O que é máis, o interese está a crecer nos barcos de madeira convencionais. 

É tamén clara a aceptación dos clientes potenciais, do sistema de construcción madera-epoxi, 25 anos despois da introducción desta técnica. 

Aumenta a tendencia para accións conxuntas de marketing por parte de  constructores de madeira, con aplicación de todas as técnicas de construcción, incluíndo restauracións clásicas. 

Concentrándonos agora na parte técnica, vexamos algúns parágrafos extraídos de “Trois Modes de construction pour le bois moderne”, do nº348 de “Loisir Nautiques” de Decembro 2000: 

1 – Contrachapado / Epoxi 

Mecanicamente menos estable que o metal, representa, mesmo así, unha vantaxe incontestábel en relación á construcción clásica, permitindo obter embarcacións estancas e, sobre todo, leves. 

A variedade dos tipos de contrachapado e o dominio das técnicas productivas aumentaran considerablemente o seu campo de aplicación e a confianza na súa durabilidade,  inicialmente sospeitada. 

O contrachapado é hoxe asociado tamén a outros materiais para fabricar mamparos en sándwich, usando como alma PVC, balsa, ou espuma de chumbo para insonorización. A asociación con a resina epóxica para colaxes, impregnación e estratificación conduciu a unha gran simplificación da construcción. 

Pola súa vez, a asociación á fibra de vidro ou de carbono permite realizar construccións con unha relación peso/resistencia imbatíbel pola construcción en poliéster monolítico ou aluminio, até 35 ou 40 pés. 

A necesidade de utilizar carenas con cotobelos é pouco limitativa, pois é fácil aumentar o número destes para nos aproximarmos a un casco redondo, sobre todo con carenas modernas. 

Por outro lado, os cotobelos desempeñan un papel importante na reducción do balance. 

2 – Taboado de ripas 

As ripas poden ter forma trapezoidal, ser cóncavas e convexas, ou aínda ter rañuras e lingüetas. 

Con as formas das carenas modernas as ripas poden ser de sección constante e a súa montaxe sobre as seccións de construcción tornase moi simple. 

As fases de estratificación interior e exterior son máis complexas. A necesidade de continuidade da estratificación exterior exclúe que se constrúa directamente sobre os mamparos, téndose de usar seccións de construcción descartábeis 

3 – Faixas moldeadas (bois moulé) sobre taboado ripado (lisses jointives

As ripas absorben os esforzos de flexión, mentres as faixas absorben os esforzos de torsión e de corte 

Non é feita estratificación interior. 

Confortados por estas opinións, recollidas nun abanico razoable de países, España, Portugal, Francia, Canadá e Estados Unidos, podemos agora pasar ás recomendacións. 

3.2. Os camiños

Os camiños parecen relativamente fáciles de trazar, a súa posta en práctica é que será máis difícil e con máis alternativas. 

3.2.1. Consideracións xerais

Para bo entendemento do que vamos dicir, esclarezamos que nos parece evidente que a práctica actual nacional de outros países (como o Canadá e outros) levan a aconsellar algunha mestura de tecnoloxías no mesmo estaleiro:

Con respecto á madeira, poderán coincidir a madeira maciza con o taboado ripado (strip planking, lisses jointives),  o forro faixeado (diagonal planking, bois moulé), a construcción en contrachapado e as súas combinacións; as ligazóns serán cabilladas, atornilladas ou coladas (cola epóxica de preferencia). 

Calquera destes sistemas poderá coexistir con un forro exterior en PRFV (a resina epóxica é case imperativa cando a cola for do mesmo tipo); con excepción do caso da madeira maciza, é aconsellable un forro interior tamén.

A construcción en madeira pode coincidir con construccións en aceiro e en ligazón de aluminio.Deixou de facer sentido a distinción de constructores en madeira, PRFV, aceiro e aluminio. Tal sucedeu en parte por necesidades de adaptación ao mercado e en parte pola progresiva simplificación técnica e banalización das tecnoloxías. Esta banalización tradúcese, por exemplo, na dispoñibilidade de subcontratistas para case todas as tecnoloxías na polivalencia dos operarios (o que ven conxunto ao aumento de escolaridade). 

3.2.2. Os materiais e o  proxecto

Porqué o título 

Asociamos estes dous puntos porque a mudanza de materiais de construcción carrea alteracións demasiado importantes no proxecto, para poder ser deixada ao simple empirismo. 

Para alén dos problemas simples – aínda que frecuentemente maltratados en ocasións de alteracións – de pesos, volumes e estabilidade, temos cuestións mais complexas, como as calidades náuticas (en relación ao mar e en relación aos tripulantes) e a velocidade e propulsores das embarcacións (Sobre todo en Galicia, no Norte de Portugal e no Algarve cada vez se usan máis as pequenas embarcacións de planeo de pesca profesional). 
O que varía con a eslora 

Ate 10m 

Parécenos recomendable e sinxela a utilización do contrachapado integral en cascos, digamos, até 10m, tanto para embarcacións de pesca, como de traballo ou de recreo. 

Nas cadernas e bulárcamas pode usarse o mesmo material, a menos que haxa problemas de ancoraxes, e neste caso – como en políns de maquinas, usaranse laminados-colados. 

En igualdade de resistencia mecánica estas embarcacións son máis leves que as de PRFV, e de aluminio, máis por razóns de estanquidade e duración dos cascos convirá revestilas interior e exteriormente con tecido de vidro e resina poliéster ou, de preferencia, epóxica, indiscutíbel no caso de construcción colada. É ademais, o tipo de construcción recomendada sen reservas para esta gama. 

Tamén pódese utilizar unha técnica mixta, especialmente para formas de carena redondas, baseada nun primeiro forro a base de ripas sobre á que se dispoñen capas faixeadas de contrachapados de pouca espesura. Esta técnica permite a construcción de cascos de grande estabilidade dimensional e é axeitada para á construcción por amadores. 

A utilización sómente de ripas, aínda que posíbel e amplamente utilizada en pequenos botes, ten algúns inconvenientes en cuanto á laboriosidade da execución e posibilidade de deformacións en embarcación expostas permanentemente aos elementos. 

De 10 a 18m 

Nunha outra gama, que podemos estender entre os 10 e os 18m, os problemas non son moi diferentes en canto ás embarcacións de recreo, mais poderán selo en relación ás de pesca. 

A utilización de contrachapados de maior ou menor anchura das faixas nas obras mortas e casetas non nos ofrece dúbidas. 

En canto ás obras vivas, no caso de embarcacións de recreo de formas redondeadas, o casco ripado e colado con resina epóxica, cuberto con capas externas faixeadas e rematado exterior e interiormente con capas de tecido de vidro impregnado en epoxi, xa deu probas suficientes; as construccións son ríxidas, durábeis e case impermeábeis; o mesmo sistema poderá ser utilizado nas obras mortas. 

Para embarcacións de recreo con formas de planeo, a única diferencia importante é que, consideradas as formas, a utilización do contrachapado será máis extensa. 

Para embarcacións de pesca, cremos que o interese do contrachapado nas obras mortas se mantén, mais é máis discutible a utilización de casco ripado nas obras vivas, dadas as maiores espesuras necesarias e a laboriosidade de execución. Un estaleiro de Galicia está a utilizar forros convencionais a base de banzos de madeira maciza nas obras vivas e contrachapados colados en grandes pezas nas obras mortas e a cuberta. O uso de cadernas laminadas-coladas é moi aconsellable, pela estabilidade dimensional que se consegue, más outra posibilidade, tamén xa experimentada, é construír a estructura da embarcación de forma tradicional e forrala como indicado anteriormente. 

Esta técnica mixta de estructura tradicional con forros en madera-epoxi  permite unha distribución de inercias moi similar ás da construcción tradicional, o que proporciona ás embarcacións pesqueiras de formas tradicionais un confortable movemento no mar, axeitado para as labores de pesca. 

De 18 a 24m 

Enriba dos 18m sería moi aconsellable realizar as estructuras totalmente a base de lamelados colados e forralas na obra viva con ripado encolado e sobre este contrachapados, pela gran rixidez estructural que se consegue. As obras mortas e cubertas pódense realizar enteiramente en contrachapado. 

O problema dos lamelados colados para a estructura é que a dimensión dos elementos é mais pequena que no caso da construcción tradicional, pelo que o peso e distribución de inercias pode variar con respecto ás embarcacións tradicionais. Tal vez fose necesario un sobredimensionamento dos elementos, só para conseguir pesos e inercias aceptábeis. 

Por suposto as casetas pódense realizar integramente en contrachapados ou recorrer a outros materias como o aceiro inoxidable ou o PRFV. 

A construcción en aceiro entra xa con forza en este segmento e a madeira só poderá competir se dar garantías de calidade suficientes. 

As colas 

Por moito tempo o resorcinol foi considerada a gran cola de aplicación en barcos de madeira. Na norma DIN VG 82 243 (1987), certamente en fase de revisión, só colas de resinas resorcina-formaldeído ou resorcina-fenol-formaldeído son admitidas. 

Da cola de poliuretano encontramos exemplos prácticos e con éxito de aplicación, a pesar de non ser, en xeral, recomendada para uso marítimo. 

As colas epóxicas son usadas hai 25 anos nos Estados Unidos e os seus defensores consideran que ela deu nova vida á construcción en madeira. Algunhas das vantaxes apuntadas: 

Condicións de aplicación 

Para aplicar o resorcinol e boas condicións, a madeira debe ter 12 a 18 % de humidade. O poliuretano require un intervalo de 6 a 14%. Para o epóxi, que non contén humidade, valores entre 6 e 25% son satisfactorios. 

Tal vez anda máis importante é a presión de contacto: 7 a 14kg/cm2 son necesarios para o resorcinol e o poliuretano, mentres o simple contacto é suficiente para o epóxi. Tal cousa trae a vantaxe adicional de unha menor preparación das superficies a colar. 

A ligazón a PRFV e a metais é moito máis fácil con epóxi. 

Compatibilidade con a resina de laminación 

Aquí a vantaxe é moi clara. 

Resistencia da ligazón 

A tensión límite de rescisión (paralela ás fibras) está entre cerca de 50 kg/cm2 para as madeiras máis comúns e u pouco máis de 100 kg/cm2 para as madeiras tropicais máis resistentes. Para as colas epóxicas está comprendida entre os 120 e os 150 kg/cm2, desde que sexan ben executadas. Isto quer dicir que a madeira cederá antes que a cola. 

Estanquidade 

Existe unha considerable variedade de productos epóxicos que permiten, por exemplo no caso do costado ripado, non só embeber as ripas como reencher as xuntas entre elas, sen necesidade de aplicar calquera masa de calafateado 

Colaxes en T 

Só son posíbeis con cola epóxica (desde que o raio do filete de soldadura sexa adecuado); as aplicacións típicas son contrachapado con espesuras entre 6 e 10mm. 

Grandes reparacións e restauración de embarcacións de madeira 

A cola epóxica ten que ser aplicada con algúns coidados, para evitar o aparecemento de zonas moi ríxidas en relación ás restantes, e consecuente concentración de esforzos, mais as súas posibilidades de aplicación non teñen paralelo con calquera outra cola. 

Extensión da aplicación 

Podemos dicir que cola e resinas epóxicas poden ser utilizadas en todas as construccións de madeira. Cremos que esto non ofrece dúbidas en relación a pequenas embarcacións, e en canto a buques cremos que o maior foi a bric-barca de tres mastros Tenacious, unha construcción do Jubilee Sailing Trust con 213 pes de eslora (case 65 m) no ano 2000, con o apoio do famoso constructor e fabricante do West System Epoxy, e proxectada por Tony Castro. 

A construcción laminada-colada incluíu, por exemplo, a prefabricación de 114 vaos, 69 pares de cadernas, 300 escuadras, 54 seccións de pavimentos. A sobrequilla foi laminada no lugar. O casco de madeira foi laminado con 5 capas: dúas lonxitudinais con taboado de 25mm e tres diagonais de 8mm de espesura. Exteriormente foran aínda aplicadas 5 capas de fibra de vidro laminada con epóxi.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*