Astilleros Catoira

Herederos de Manuel Collazo Dieste, C.B. (Astilleros Catoira)
Paseo do Porto, 14
Rianxo (A Coruña)

Ramón e Manuel Collazo Mosquera, son os propietarios de Herdeiros de Manuel Collazo Dieste C.B., empresa máis coñecida como Astilleros Catoira. O astillero está ubicado dentro das instalacións do peirao pesquero de Rianxo, sobre o que fué no seu día Punta Funcheira.

O avó, Ramón Collazo Tubío, e o seu fillo Manuel Collazo Dieste, tiñan un astillero en cálea Castelo, de Rianxo, cara a 1920. En 1991 trasladáronse ao emprazamento actual, onde agora continúan a tradición familiar Ramón e Manuel.


Mexilloeiro "Listerbay" 16,4 m
Motopesqueiro "Heres Alarán" (Asturias)
 

Mexilloeiro "Dany Un"

No proceso de construción viran as dúas cuadernas inmediatas á roda co fin de non ter que tallar os cartabones, porque son prácticamente perpendiculares ás liñas de auga. Utilizan cabillas de madeira na unión dos macizos de proa e popa coa quilla. Denominan espaldones ás cuadernas que perden a varenga e que van na zona de macizos. Danlle un codillo á parte baixa das cuadernas de popa na zona da bocina, que afecta ás dúas primeiras cuadernas desde o codaste cara a proa.

Utilizan o remate da obra morta a proa e popa como característica distintiva dos seus barcos.

Ademais da construción, desenvolven unha intensa actividade de reparación, moi baseada na flota de auxiliares de bateas da Ría de Vilagarcía, sendo un dos estaleiros máis activos neste campo.


Mexilloeiro "O Veleiro"

PÁXINAS WEB PROPIAS:  ASTILLEROS CATOIRA  (Pinchar para acceder)

Top