Francisco Fra Rico

Carpintería de Ribeira Francisco Fra Rico
Rua Beiramar s/n
San Ciprián (Lugo)


Unha das últimas carpinterías de ribeira da provincia de Lugo, de onde desgraciadamente foron desaparecendo todas ata o borde da extinción, debido a un cúmulo de circunstancias como son a falta de profesionais para construir e reparar. Últimamente as embarcacións que constrúen son para uso deportivo.

É unha carpinteria con unhas instalacións moi antiguas para as que  Francisco ten un proxecto de reforma, que están a pé de praia e non ten rampas de varado. As embarcacións menores de 7m. constrúenas dentro da nave e o resto fora. Os tipos de embarcacións que constrúen son variados, sendo chalanos, botes, motoras, veleiros e pesqueiros, ata os 16m de eslora.

A historia da carpinteria de ribeira non se sabe exatamente cando comenza pero os datos mais antiguos de que Francisco dispón encontroulos nun documento  referente a unha folla de asiento dunha embarcación construída polo mestre constructor Roque de Fra no ano 1806, un Quechemarin de 25 toneladas nomeado Dulce Nombre de Jesus. Outro documento das mismas características fala da construcción do Quechemarin San Joaquin polo mestre constructor Ramón de Fra no 1817, fillo do anterior, que a súa vez é o padriño do  
tatarabó de Francisco, Ramón Fra Díaz, mestre constructor.

A continuación publicamos unha serie de fotografias de diversos traballos efectuados por Francisco e os seus ascendentes, entre eles un pailabot construido por Ramón Fra Díaz e o seu fillo Germán Fra Blanco no ano 1895, así como unha goleta construída pelo bisabó e o abó de Francisco,  Germán Fra Blanco e Francisco Fra Cortiñas.  Este último pasou o relevo xeracional a Germán e Francisco Fra Ponte ( Tío e pai de Francisco respectivamente ). Tamén aparece unha fotografía do barco mais grande construído no porto de San Cibrán, con 40m. de eslora, realizada polo seu abó.




FOTOGRAFIAS

Construíndo un medio modelo 1

Construíndo un medio modelo 2

Baleeira a escala

"Pico da Lebre"

"Na Lúa"

"Santiago Apóstol"

"Isabel y Coté"

Botadura do "Carrumeiro"


"Costa del Cielo"

"Jesús José"
Bonitero de 25 m construído por Germán e Francisco Fra Ponte en 1968

"María Dolores del Carmen"
Cargueiro de 40 m construído por Francisco Fra Cortiñas en 1942

Goleta "Eduardo Domínguez"
Construía por Germán Fra Blanco e o seu fillo Francisco Fra Cortinas, en 1917

Barco aparellado de bergantín

Pailebot "Tres Marías" no Peirao do Areal
Construído por Ramón Fra Díaz e o seu fillo Germán Fra Blanco. 1895.


Top