Astilleros Manuel Lojo Lorenzo S.L. está situado no lugar de Carballeira, municipio de Rianxo, desde 1962.
Manuel Lojo Lorenzo, o seu propietario, comezou a traballar aos quince anos, aprendendo o oficio co seu pai, tamén carpintero de ribeira e que, pola súa banda, aprendeu o oficio co Carrileiro.
Actualmente o seu fillo, Anxo Lojo Tubío, continúa a tradición familiar.
Inicialmente traballaron nas Cortes, onde construían barcos pequenos que, unha vez terminados, levábanse en carros ao mar. Posteriormente trasladaron o astillero a Porrón e máis tarde ao emprazamento actual. Grazas á remodelación da franxa costera de Rianxo, mellorouse a rampa de varada e botadura.
|
Mexilloneiro "Cadiz Un"
|
Pesca Túnidos "El San Pedro" (Canarias)
|
Utiliza trancanil e tapa trancanil co mesmo espesor, unidos a cada bao por un 'tojino' ou cabilla de madeira, ademais dos clavos. Dispón malletes con tensores á cinta bocal para que non abra, en total seis a cada costado, unidos cun dente só ao bao. Nalgúns casos elabora maqueto, pero noutros comeza directamente co riscado.
Constrúen todo tipo de embarcacións tradicionais de pesca e auxiliares de bateas mejilloneras, ata de 18 metros de eslora.
Nos seus barcos utiliza como distintivo remates semicirculares nas amuradas e unhas ás estilizadas a cada banda en proa.
|