Estaleiros José Losada
Estaleiros José Losada S.L.
Abruñeiras/Barro
Noia (A Coruña)


José Benito Losada Fachado era propietario de Astilleros "Os Morechos", de Rianxo. En 2001, debido ás obras de remodelación da franxa litoral do municipio, o Astillero foi demolido e José instalouse no lugar de Barro, Noia, alugando unhas instalacións doutra carpintería de ribeira que pechara, continuando alí coa construción en madeira. En 2004 volveu construír unha nave nova en Rianxo, onde fabrica as súas embarcacións profesionais en PRFV.

O seu avó, José Benito Losada Tubío fundou a empresa orixinal cara a 1920, onde o pai de José traballou tamén durante uns anos. Actualmente traballan con José os seus fillos José e Miguel Losada Abuín, que continúan a tradición familiar.

Nos seus barcos de madeira utiliza como distintivo remates semicirculares nas amuradas e unhas ás estilizadas a cada banda en proa.

As súas instalacións actuais permítenlle construír embarcacións tradicionais de madeira ata 22 m de eslora total e tamén iniciou a construción dunha liña de embarcacións de pesca en PRFV, ata 12 m de eslora.

Bateeiro 21m

Cerquero 21m


Bonitero Bermeano  13m                                                      Cerquero 20m
 


Lancha artes menores en PRFV

Top