A innovación na construcción naval en madeira en galicia e portugal

Os preservadores 

Este é un punto importantísimo para a durabilidade das construccións e que non ten recibido entre nos a debida atención. 

O ataque é feito por 

Fungos (desde os bolores, aos que presentan cogomelos de considerables dimensións), 

Insectos xilófagos, sobre todo carunchos varios, 

Xilófagos mariños, que viven na auga salgada, o que inclúe pequenos crustáceos (limnórias) e moluscos (teredo), 

Secar a madeira e ventilala son as regras de ouro para evitar o ataque de fungos e insectos no interior do buque. Para a ventilación existen responsabilidades tanto do proxectista como do constructor. 

A resistencia depende moito da especie de madeira, da zona dos troncos (o borne ten, en xeral, moito menos resistencia do que o cerne), do teor de humidade, da temperatura e da ventilación. 

Sobre as clases de durabilidade da madeira e resistencia a ataques consúltense as EN  335-1 e 2, a 350-2 e a 4261. 

De calquera modo, o uso de preservadores é case sempre imprescindible. A norma BS 1282:1999 constitúe unha boa guía de aplicación. 

Óleo de peixe, óleo queimado, creosota e minio de plomo, eran os tratamentos tradicionais e continúan sendo usados entre nos. Teñen razoable eficacia na construcción clásica  sempre que ben aplicados (sobre todo en madeira seca ou con non máis de 15% de humidade) 

Os preservadores modernos son de tres categorías: 

destilados de alcatrán (coal tar,  entre os que se inclúe a creosota), 

compostos inorgánicos disolvidos en auga, 

solucións de funxicidas e insecticidas en solventes orgánicos 

Os primeiros repelen a auga e por tanto non se disolven nesta e non lixivian. De certo modo protexen os metais en contacto. 

Dos segundos os máis famosos son os sales de cobre, cromo e arsénico (CCA), que aplicados en autoclave se combinan quimicamente con a madeira e son insolúbeis na auga. Actualmente a súa aplicación ten límites por razóns ecolóxicas. Poden atacar metais. 

Á mesma categoría pertencen os sales de boro, aplicados sobre todo na restauración de buques históricos. Non son tóxicos mais a súa diseminación require un gran teor de humidade (máis de 50%) e son facilmente lixiviáveis, polo que non son aplicados no exterior dos cascos. Mesmo no interior o seu requisito de humidade é contrario á regra de ventilación e entra en conflicto con a boa práctica de manter a humidade abaixo dos 18% para evitar o aparecemento de fungos. Está, mentres  tanto, en desenvolvemento unha nova categoría de compostos con boro en fase gasosa, adecuados para o tratamento da madeira seca. 

A terceira categoría consiste en solucións de funxicidas e insecticidas en solventes orgánicos de base oleosa. Xulgamos seren os preservadores en maior expansión, tanto como primeira capa protectora da madeira núa (é o caso do “xylamon” moi usado na Galicia) ou incorporado en pinturas anti-vexetativas (é o caso dos xustamente famosos TBT ou tri-butil-estaño, recentemente prohibidos na Unión Europea). 

En relación á conservación da madeira podemos entón establecer as seguintes regras: 

Secar a madeira, de preferencia en autoclave, e aplicar un preservador atendendo a: 

especie da madeira (se fosen moi oleosas ou resinosas, poden requirir a aplicación de un solvente); 

sistema de construcción (tanto canto sabemos, con construcción colada e embebida por epóxi exterior e interiormente, non son usados preservadores); 

Sistema de pintura. 

Crear condicións de ventilación (de preferencia natural) e de facilidade de inspección a bordo. 

Inspeccionar periodicamente o casco, interna e externamente. 

Aplicar preservadores exteriormente, sempre que as inspeccións revelen a existencia de insectos xilófagos ou fungos.

3.2.3. As tecnoloxías de construcción

As colas modernas, e sobre todo a epóxica, introduciran unha gran liberdade na construcción dos cascos. Os contrachapados gañaran nova vida e tornouse fácil a fabricación e aplicación de laminados-colados. 

Moito xa foi dito máis enriba, parecendo obvio que: 

A construcción en madeira debe ser – aínda que non sexa un absoluto – asociada con PRFV, sobre todo usando resina epóxica (á que chamaremos ERFV) 

Para pequenas embarcacións de recreo, o casco ripado – e existe unha gran liberdade no ancho das ripas -, colado con epóxi e con revestimento exterior e interior de ERFV constitúe unha solución resistente e de fácil execución. Na práctica temos unha construcción en PRFV sen molde e moito mais ríxida. 

Contrachapado nas obras mortas e taboado ripado nas obras vivas, con o crecemento ou non de faixas diagonais en contrachapado fino, é unha solución económica. 

O ERFV torna a construcción en contrachapado marítimo leve, resistente e duradoura; tal é válido para embarcacións de recreo, de traballo e de pesca. 

Cadernas, vaos e reforzos lonxitudinais en laminados colados in situ son solucións simples usando cola epóxica. 

Outra vantaxe moi importante é que pasará a existir un rigor dimensional moito maior, permitindo a prefabricación en moito maior escala, non moito diferente da que pode ser practicada con cascos metálicos: corte numérico de mamparos, cartelas e cadernas, pre-aprestamento de mamparos, etc. 

É imprescindible que as construccións e reparacións pasen a ser feitas íntegramente en naves industriais ben acondicionadas, como xa vai sendo comprendido por algúns constructores; para construccións de certo porte, máquinas ferramenta e, sobre todo, medios de elevación, terán que ser mellorados. 

A adquisición destas tecnoloxías – que non son moi difíciles, mais non poden ser encaradas con o simplismo que foi visto en algunhas empresas -, é condición necesaria para calquera incursión no mercado das embarcacións de recreo. 

Outros coñecementos técnicos a adquirir ou a mellorar: 

Mellor coñecemento das madeiras estranxeiras e exóticas, e coñecemento máis científico das nacionais; 

Coñecementos sobre colas, incluíndo a preparación adecuada dos lamelados-colados (vigas dereitas, taboado, cadernas); 

Coñecementos sobre resinas e preservadores modernos; 

Técnicas de preparación dos modelos con suficiente precisión; 

Técnicas de construcción dos cascos de quilla para o ar – e como viralos de forma práctica, 

Práctica de rigor dimensional que a construcción con contrachapados, lamelados-colados e ERFV agora permiten; como corolario, a prefabricación de estructuras – con corte numérico – e de aprestamento. Parécenos que neste punto, recoñecidamente crucial na construcción en aceiro, poderíase alcanzar unha vantaxe moi significativa, unha vez que non está moi desenvolvida en estaleiros estranxeiros 

Para levar estes coñecementos ás empresas será necesario facer formación teórico-práctica. 

3.2.4. Calidade, ambiente e seguranza

Un pequeno estaleiro canadense que foi visitado no proxecto ICOM tiña instalacións limpas e acolledoras, totalmente desmentindo a idea de que a construcción naval é necesariamente sucia e confusa. Un dos estaleiros galegos que está a aplicar xa as novas tecnoloxías ten xa un ambiente moi diferente do que é común ós outros. 

A cuestión é aínda máis grave no que di respecto á calidade. A nosa calidade no producto é moi variable e a calidade formal é inexistente. Debemos partir desta para chegar á primeira, e até con vantaxe competitiva sobre estaleiros de terceiros países

Un punto que xa non constitúe novidade é a necesidade absoluta de só construír en naves. Podemos acrecentar que o mesmo é válido para as reparacións. 

3.2.5. Papel das Sociedades de Clasificación

Moi importante será dispor de regras e posibilidade de certificación de materiais como en breve resultará, por exemplo, das que están a ser elaboradas por RINAVE (Rexistro Internacional Naval, de Lisboa. Empresa filial do Bureau Veritas): Esto simplificará o proxecto, por exemplo, en relación ao casco ripado, e dará garantías en relación ao contrachapado. En relación a este xa é posible obter material aprobado polas Sociedades de Clasificación, pois algunhas delas colaboraran na recente revisión da norma BS 1088. 

Esta precaución é fundamental en relación ao contrachapado. 

3.2.6. O mercado e os esforzos conxuntos

Recordemos que en Galicia o mercado é principalmente local e depende moito dun nicho de mercado: o das embarcacións auxiliares das bateas mexilloeiras; as recomendacións do estudio efectuado pola Xunta son tamén enteiramente aplicábeis ao caso portugués: fomentar o asociativismo profesional, e poñer en funcionamento sistemas particulares e xerais de imaxe e de marketing

No Canadá o estaleiro visitado exerce, por si mesmo, un esforzo de marketing moi superior ao do conxunto de todos os estaleiros da madeira de Galicia e Portugal. 

A asociación da Nova Escocia serve sobre todo para a promoción das ventas (presencia en boat-showslobbyxunto das autoridades provinciais e centrais, publicidade, etc.) e a certificación de profesionais. A pasaxe do mercado tradicional de pesca para o de recreo (tendo como obxectivo a costa este dos EUA), tivo lugar hai máis de 10 anos. Ten para interese rexistrar que, na promoción de varios tipos de embarcacións de recreo, foi posto énfase nas calidades náuticas, pois se trataría de embarcacións tan robustas como as tradicionais de pesca, só que máis limpas, máis bonitas, mellor acabadas.

Posto isto é fácil ver que o noso camiño pasa tamén pola entrada no mercado do recreo, o que require un esforzo conxunto e asociativo. 

4. ALGUNHAS PROPOSTAS PARA GALICIA

O camiño “puramente” lóxico sería: reforzo das estructuras asociativas àestudio dos mercados obxectivo e productos a desenvolver 
à formación de traballadores directos, equipos de marketing e xerentes 
àexecución dos investimentos materiais 
à execución de prototipos e campañas de promoción. 

Naturalmente que estas fases se entrelazan e as accións refórzanse entre si. 

Nas propostas que seguen deixamos a penas implícitas moitas desas ligazóns.

Reforzo do asociativismo, marketing e promoción:

Recordamos que tanto en Galicia como en Portugal nunca houbo calquera estudios de marketing de construcción naval en madeira.

Só colectivamente será posíbel desenvolver estudios de mercado e a promoción dos estaleiros; o maior óbice será a falta de espírito asociativo, que terá que ser vencido; o segundo será o financiamento das accións comúns. 

Entre os mercados a considerar, sen a pretensión de esgotar o asunto ou mesmo de presentar as mellores propostas, temos: 

Mercado local: Pesca (profesionais e amadores), replicas e actividade marítimo-turística (axuntamentos, fundacións, operadores turísticos), recreo (asociacións, amadores); 

Mercado estranxeiro: Pesca (compañías mixtas en África, ligazón con outras asociacións, etc..); replicas (lugares onde a presencia española e portuguesa se fez ou fácese sentir); recreo (Basicamente UE) 

A Federación de  Asociacións de Carpinterías de Ribeira de Galicia (A partir dagora FACRIGA) e a Xunta de Galicia, deberán ter un papel decisivo neste proceso. 

Mudanzas tecnolóxicas

O fundamental será a difusión dos contrachapados (calidade mariña, colas epóxicas), dos laminados-colados e do ERF (epóxi reforzada con fibras). Tal traerá diversas tecnoloxías de construcción – incluíndo a prefabricación – e alteración da tecnoloxía de reparación dos cascos de madeira. 

A difusión destas tecnoloxías envolve profundamente en Galicia á FACRIGA, á Consellería de Industria e á Consellería de Pesca, e pensamos que poderá precisar a contratación de un equipo técnico con experiencia. Deberá ter a colaboración das referidas entidades, do CIS madera e posívelmente de AENOR. 

A formación do persoal será, obviamente, a pedra de toque. 

Unha referencia especial tamén para as necesarias e complexas alteracións aos proxectos das embarcacións: cuestións de pesos, volumes, estabilidade, períodos de balance, calidades náuticas. 

Calidade, ambiente e seguranza

A certificación polas normas ISO 9001, 14001 e 18001 é cara e non é usual nos pequenos estaleiros. Cremos que iría ao encontro das preocupacións da UE con as PME a creación de algo que chamaríamos “Padrón FACRIGA”, que sen obrigar a todos os requisitos das normas citadas, fose unha garantía de calidade. Será necesaria algunha ligazón e apoio de AENOR. 

Nótese que a garantía de calidade terá de comezar pola madeira e acabar polo buque completo. 

Investigación e desenvolvemento

Actualmente é nulo na área que estamos a considerar e pequeno na industria naval en xeral, salvo en medianos e grandes estaleiros. 

Por omisión de outras institucións, volvemos a apuntar a FACRIGA como posíbel dinamizadora e coordinadora de diversas accións. 

Para terminar, cremos que xustificarase – até en termos da Unión Europea -, o apoio gobernamental a un prototipo de embarcación de pesca profesional, que terá que ser simultaneamente innovador e marcador das nosas diferencias competitivas.

Leave a comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*