Situado no lugar de Lordelo, O Grove, a escasa distancia do porto, este estaleiro remonta a súa historia ata o tatarabuelo de Xosé, Carlos e Fabián Garrido Fernández, os seus actuais propietarios, quen o fundou a metade do século XIX, sendo, xa que logo, unha das Carpinterías de Ribeira máis antigas aínda en activo en Galicia, se é que non é a máis antiga.
Han construído unha gran variedade de embarcacións de madeira, tanto de construción tradicional como coas máis modernas técnicas: Auxiliares de batea, pesqueros, veleiros, botes, piraguas de competición, etc., e tamén se dedican á reconstrución de embarcacións tradicionais.
Xosé é un membro activo da "Asociación de Amigos da Dorna Meca", para a que ha construído actualmente unha dorna meca (Así se chama ás dornas de O Grove) de 9 metros de eslora, de nome "IRMANDIÑA", coa que esperábase cruzar o Atlántico a finais do 2003, en compañía do seu diseñador, o enxeñeiro naval Íñigo Echenique e outros amigos, aínda que non foi posible por falta de patrocinios.
|
José Garrido y un pesquero en construcción, a escala y a tamaño real.
|