Astilleros Mougan
Astilleros Manuel Mougán Diz
c/Riasón, 29
Illa de Arousa (Pontevedra)


Estaleiro fundado en 1967 por Manuel Mougán Diz, no lugar de Riasón na Illa de Arousa, preto da ponte que a une con terra.
Ha construído ao redor de cen embarcacións, entre pesqueiros e auxiliares de bateas, a maior delas de 19 mts. de eslora total. Dispón dunha nave capaz de albergar catro embarcacións en construción ao tempo.
Denomina ás pezas da cuaderna: "varenga-peza alta" e "xinol-choque"; "picas" ás cuadernas a proa do macizo de proa e "paus mortos" ás situadas a popa do macizo de popa. Remata a obra morta con distintivo característico de tres franxas a cada banda a proa.

Nos seus barcos utiliza como distintivo remates semicirculares nas amuradas e unhas ás estilizadas a cada banda en proa.


Auxiliar de bateas "Lago Un" de 14,25 m.